Linguas de México
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Linguas de México1 | |
Lingua | Falantes |
---|---|
Azteca (Nahuatlahtolli) | 1 659 029 |
Maia iucateca (Maaya t'aan) | 892.723 |
Mixteco (Tu'un savi) | 510.801 |
Zapoteco (Binizaa) | 505.992 |
Tzotzil (Batzil k'op) | 356.349 |
Tzeltal (K'op o winik atel) | 336.448 |
Otomí (Hñähñü) | 327.319 |
Totonaco (Tachiwin) | 271.847 |
Mazateca (Ha shuta enima) | 246.198 |
Chol (Ch'ol wiñik) | 189.599 |
Huasteco (Téenek) | 173.233 |
Chinanteco (Tsa jujmí) | 152.711 |
Mazahua (Jñatio) | 151.897 |
Purépecha (P'urhépecha) | 136.388 |
Mixe (Ayüük) | 135.316 |
Tlapaneco (Me'phaa) | 119.497 |
Tarahumara (Rarámuri) | 87.721 |
Zoque (O'de püt) | 60.093 |
Amuzgo (Tzañcue) | 48.843 |
Chatino (Cha'cña) | 47.762 |
Tojolabʼal (Tojolwinik otik) | 44.531 |
Popoluca (Tuncápxe) | 44.237 |
Chontal de Tabasco (Yokot t'an) | 43.850 |
Huichol (Wixárika) | 36.856 |
Mayo (Yoreme) | 34.770 |
Tepehuano (O'dami) | 30.339 |
Triqui (Tinujéi) | 24.491 |
Cora (Nayeeri) | 19.512 |
Popoloca | 18.926 |
Huave (Ikoods) | 16.135 |
Cuicateco (Nduudu yu) | 15.078 |
Yaqui (Yoeme) | 15.053 |
Kanjobal (K'anjobal) | 10.833 |
Tepehua (Hamasipini) | 10.625 |
Pame (Xigüe) | 9.768 |
Mame (Qyool) | 8.739 |
Chontal de Oaxaca (Slijuala sihanuk) | 5.534 |
Chuj | 2.143 |
Tacuate | 2.067 |
Chichimeca jonaz (Uza) | 1.987 |
Guarijío (Makurawe) | 1.905 |
Matlatzinca (Botuná) | 1.500 |
Chocho (Runixa ngiigua) | 1.078 |
Pima (O'odham) | 836 |
Qʼeqchiʼ (K'ekchí) | 835 |
Lacandón (Hach t'an) | 731 |
Jacalteco (Abxubal) | 584 |
Ocuilteco (Tlahuica) | 522 |
Seri (Cmiique iitom) | 518 |
Ixcateco | 406 |
kʼicheʼ (Q'iché) | 286 |
Kakchiquel (K'akchikel) | 230 |
Paipai (Akwa'ala) | 221 |
Cucapá (Es péi) | 206 |
Motocintleco (Qatok) | 186 |
Kumiai (Ti'pai) | 185 |
Pápago (Tohono o'odam) | 153 |
Kikapú (Kikapooa) | 144 |
Ixil | 108 |
Cochimí (Laymón, mti'pá) | 96 |
Kiliwa (Ko'lew) | 55 |
Aguacateco | 27 |
Outras linguas 2 | 337 |
1 Non inclúe o español, falado por máis do 99% da poboación | |
Fonte: CDI (2000) [1] Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. |
As linguas faladas en México son moitas, como as ducias de linguas indíxenas e linguas doutras partes do mundo. México é a nación castelanfalante máis poboada do mundo, con 103,2 millóns de habitantes [1], dos cales a maioría fala a lingua española. Constitucionalmente, non existe unha declaración oficial que faga desa lingua de filiación latina a lingua oficial do país, que de facto ocupa este papel.
Desde 1992, a Constitución Mexicana define o país como nación "pluricultural", en recoñecemento dos pobos indíxenas. Oficialmente o goberno recoñece 65 linguas indíxenas, que de acordo coa Lei dos Dereitos Lingüísticos de 2001, son "linguas nacionais" en igualdade de condicións con respecto á castelán; isto é, coa "mesma validez no seus territorios" [2]. Así, polo exemplo, a partir do ano 2005, o goberno oficializou a tradución do himno nacional ás linguas indíxenas.
A clasificación das linguas indíxenas faladas en México tende a agrupar dialectos da mesma familia, aínda mesmo no caso destas seren inintelixíbeis entre si: por exemplo, o goberno recoñoce a lingua azteca e o náhuatl como unha soa lingua, a pesar de que as variacións dialectais que falan os aztecas da Serra de Puebla, e os aztecas de Morelos son significativas. Por todo isto, algúns lingüistas tenden a elevar esta cifra a máis de 100, clasificando estes dialectos como linguas separadas.
As linguas indíxenas son faladas por pouco máis de 12,7 millóns de persoas maiores de 5 anos, o que equivale ao 13,1% da poboación nacional nese rango (1995)[3]. A maior parte concéntrase na rexión sur do país, mais tamén existen comunidades importantes no centro e nalgúns sectores do Pacífico e do golfo de México.
Linguas indíxenas de México | |||
Linguas con máis de 100 mil falantes | Linguas entre 20 mil e 100 mil falantes | Linguas con menos de 20 mil falantes |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conteo INEGI 2005.
- ↑ "Lei de Dereitos Lingüísticos, formato pdf" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 21 de xaneiro de 2007.
- ↑ Linguas indíxenas de México Arquivado 11 de novembro de 2017 en Wayback Machine., no sitio en internet da Comisión Nacional para o Desenvolvemento dos Pobos Indíxenas, consultada o 10 de xaneiro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ávila, Raúl (1999): La lengua y los hablantes. Trillas. México. ISBN 968-24-4048-3.
- Aguirre Beltrán, Gonzalo (1983): Las lenguas vernáculas. Su uso y desuso en la enseñanza: la experiencia de México. Ediciones de la Casa Chata. México.
- Campbell, Lyle (1997). American Indian languages: the historical linguistics of Native America. Oxford: Oxford University Press.
- Cifuentes, Bárbara (1998): Letras sobre voces. Multilingüismo a través de la historia. Centro de Investigaciones y Estudios Superiores en Antropología Social - Instituto Nacional Indigenista. Historia de los Pueblos Indígenas de México. México. ISBN 968-496-338-6
- Cuevas, Susana (2004): Ley de Derechos Lingüísticos en México. En https://web.archive.org/web/20120205055217/http://www.linguapax.org/congres04/pdf/4_cuevas.pdf. Consultado en agosto de 2006.
- Díaz Couder Cabral, Ernesto (2000): "La clasificación de las lenguas indígenas". En: Ciencias. Núm. 60-61. Outubro de 2000. pp. 133–140.
- Hamel, Enrique (2000): Políticas del lenguaje y educación indígena en México. Orientaciones culturales y estrategias pedagógicas en una época de globalización. En: https://web.archive.org/web/20070224133629/http://uam-antropologia.info/web/articulos/2000_hamel.pdf. Consultado en maio de 2006.
- Warman, Arturo (2003): Los indios mexicanos en el umbral del milenio. Fondo de Cultura Económica. México. ISBN 968-16-7007-8